domingo, 27 de marzo de 2016

Cronica

Outro Domingo máis emprendemos viaxe a...Baralla.

Eramos pouquiños,pero os mellores.Chegamos alí sobre as 10.00 para emprender a nosa ruta.

A ruta tiña 9km,era cortiña.Xusto chegando ao lugar para comer algo a media mañá había un foxo,que sorprendeu a todos os compañeiros.

Logo seguimos a nosa camiñada,chegamos ao autobús sobre a 13.30 alí cambiámonos,e como a comida estaba prevista para as 14.30,así que fomos a dar unhas voltiñas polo pobo.

A hora acordada estabamos xa todos reunidos para catar un gran cocido,con gran refírome a enorme,había de todo era súper abundante,quedamos abraiados,como se nunca tal viramos,

Comemos xenial,foi incrible,e ademais tivemos o gran privilexio de xantar co gran e ex-xogador de baloncesto do Real Madrid:Corbalán un gran base do baloncesto español,alí sacamos unha foto con él.

Collemos camiño á casa e chegados ao noso pobo:Ferreira despedímonos todos os compañeiros ata volver outro domingo máis de camiñada.

Un saúdo

Beatriz Álvarez Sixto.

Powered by Wikiloc